Ratites

Ratites
Rango fósil: PaleocenoHoloceno 56 Ma-0 Ma
Posible rexistro do Cretáceo tardío

Membros de catro xéneros de grandes ratites existentes. No sentido das agullas do reloxo desde arriba á esquerda: ñandú, avestruz, casuario e emú
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Infraclase: Palaeognathae
Pycraft, 1900[1]
Ordes

Struthioniformes avestruces
Rheiformes ñandús
Casuariiformes casuarios e emús
Aepyornithiformes aves elefante
Dinornithiformes moas
Apterygiformes kiwis

Sinonimia

Grallae Linnaeus, 1760[2]
Nudipedes Schäffer, 1774[2]
Fissipedes bidactyles Schäffer, 1774[2]
Retipedes Scopoli, 1777[2]
Struthiones Latham, 1790[2][3]
Campestres Illiger, 1811[2]
Cursores Illiger, 1811[3]
Proceri Illiger, 1811[2][3]
Megistanes Vieillot, 1816[2][3]
Brevipennes Cuvier, 1817[3]
Pressirostres Cuvier, 1817[2]
Inertes Temminck, 1820[2]
Ratitae Ranzani, 1823[2]
Rasores Vigors, 1826[2]
Cursitrices MacGillivray, 1840[2]
Grallatores Keyserling & Bl., 1840[2]
Proceres Sunder., 1872[3]
Struthiornithiformes

Os ratites son un diverso grupo de aves non voadoras, principalmente grandes e de patas longas da infraclase Palaeognathae.[4] Excepción son os kiwis, que son relativamente moito máis pequenos e de patas curtas e ademais son só nocturnas. Nas clasificacións máis modernas, Ratites é un taxon obsoleto.

A sistemática e as relacións entre o clado dos paleognatos foron moi fluídas. Previamente, todos os membros non voadores foron asignados á orde Struthioniformes, que actualmente se considera que contén só as avestruces.[1][5] A superorde (ou infraclase) de aves modernas Palaeognathae consta das ratites e os tinamús voadores neotropicais (comparar coas Neognathae).[6] A diferenza doutras aves non voadoras, as ratites carecen de quilla no esterno e de aí vén o seu nome, xa que en latín ratis significa balsa, unha embarcación sen quilla, onde as aves ancoran os músculos do voo. As relacións entre os ratites foron moi discutidas. Investigacións recentes indicaron que as ratites son un grupo parafilético; os tinamús quedan dentro del, e son un grupo irmán das extintas moas.[6][7][8][9] Isto implica que a perda do voo é un trazo que evolucionou independentemente múltiples veces en diferentes liñaxes de ratites.[8]

Na maior parte do antigo supercontinente de Gondwana vivían ratites e seguiron facéndoo ata tempos relativamente recentes.[10][11] Vivían en Europa no Paleoceno e Eoceno, de onde eran as primeiras aves paleognatas non voadoras coñecidas.[12] As avestruces estaban presentes en Asia aínda no Holoceno, aínda que se cre que o xénero se orixinou en África.[13] Porén, a orde das avestruces puido ter evolucionado en Eurasia.[13] Un estudo recente postula unha orixe en Laurasia deste clado.[14] Se os xeranóididos eran ratites, estaban tamén presentes en América do Norte.[15]

  1. 1,0 1,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Brands
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Gray
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Salvadori
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome ITIS
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome TOLweb
  6. 6,0 6,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Phillips2010
  7. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Allentoft2012
  8. 8,0 8,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Mitchell2014
  9. Baker, A. J.; Haddrath, O.; McPherson, J. D.; Cloutier, A. (2014). "Genomic Support for a Moa-Tinamou Clade and Adaptive Morphological Convergence in Flightless Ratites". Molecular Biology and Evolution 31 (7): 1686–1696. PMID 24825849. doi:10.1093/molbev/msu153. 
  10. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Haddrath, O & Baker, A (2001)
  11. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Cooper
  12. Buffetaut, E.; Angst, D. (November 2014). "Stratigraphic distribution of large flightless birds in the Palaeogene of Europe and its palaeobiological and palaeogeographical implications". Earth-Science Reviews 138: 394–408. doi:10.1016/j.earscirev.2014.07.001. 
  13. 13,0 13,1 Hou, L.; Zhou, Z.; Zhang, F.; Wang, Z. (Aug 2005). "A Miocene ostrich fossil from Gansu Province, northwest China". Chinese Science Bulletin 50 (16): 1808–1810. Bibcode:2005ChSBu..50.1808H. ISSN 1861-9541. doi:10.1360/982005-575. 
  14. Yonezawa, T.; Segawa, T.; Mori, H.; Campos, P. F.; Hongoh, Y.; Endo, H.; Akiyoshi, A.; Kohno, N.; Nishida, S.; Wu, J.; Jin, H.; Adachi, J.; Kishino, H.; Kurokawa, K.; Nogi, Y.; Tanabe, H.; Mukoyama, H.; Yoshida, K.; Rasoamiaramanana, A.; Yamagishi, S.; Hayashi, Y.; Yoshida, A.; Koike, H.; Akishinonomiya, F.; Willerslev, E.; Hasegawa, M. (2016-12-15). "Phylogenomics and Morphology of Extinct Paleognaths Reveal the Origin and Evolution of the Ratites". Current Biology 27 (1): 68–77. PMID 27989673. doi:10.1016/j.cub.2016.10.029. 
  15. Mayr, G. (2019). "Hindlimb morphology of Palaeotis suggest palaeognathous affinities of the Geranoididae and other "crane-like" birds from the Eocene of the Northern Hemisphere". Acta Palaeontologica Polonica 64. doi:10.4202/app.00650.2019. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search